O Vice Coordinador de Terra Galega, Xosé Luís Vilas presentou a Camilo Rodríguez, como líder de Terra Galega en Ribadavia nun acto político festivos celebrado o pasado mes de novembro. No acto tamén apoiaron o Candidato do partido por Ourense, José Luís Valcarcel, así como José Pousada e Antonio Domínguez Lorenzo, do Comité Executivo de TG.
José Luis Valcarcel, José Posada, Xosé Luis Vilas y Camilo Rodríguez.
Os promotores de Terra Galega presentaron á novel organización política galega na vila, divulgaron os aspectos máis relevantes dos estatutos e principios políticos e fixeron unha exposición sobre o estado actual da comarca do Ribeiro, centrando a análise particularmente en Ribadavia..
O avogado Camilo Rodríguez, promotor de Terra Galega nesta localidade, entende ao concello "como unha empresa pública encargada de administrar os recursos da vila" e asume que a función política consiste en "executar proxectos e traballar para atopar o maior benestar posible".
En opinión de Camilo Rodíguez, os tres principais problemas de Rivadavia serían:
1. O fracaso actual do parque empresarial, mal dirixido e incapaz de aportar a cantidade de postos de traballo que necesita a comarca.
2. A administración da xudería. Hai que modificar as normas vigentes que a administran. "A xudería son 300 casas en ruínas -di Rodríguez-. Tal como están as cousas en Ribadavia, quen compra unha casa compra un preito, por unha protección absurda que converteu a cidade nun cemiterio. A xudería podería converterse nun Conxunto Histórico Monumental similar a Toledo, que conta cun barrio xudeu único e que modernizou a lexislación práctica".
3. Repoboar a vila porque perde habitantes ano tras ano. O feísmo na arquitectura naceu en Ribadavia e na praza maior, con desniveles entre os edificios, non hai fonte nin luminarias, nin homenaxe aos seus personaxes históricos.
Para Rodríguez a participación da muller é clave para a recuperación e relanzamento de Ribadavia. "No faladoiro do Club Artístico atópome con mulleres novas que me din que a vila está morta. Dicímoslles que non se rendan, que participen, que promovan proxectos, que loiten pola vila. A muller galega sempre se esforzou moito no traballo, nos labores de casa, pero apenas participa na vida política. En Terra Galega cremos que chegou o momento de que as mulleres de Ribadavia e as de Galicia en xeral entren en acción para reoxigenar a vida política galega".
Camilo Rodríguez dirixe a súa mensaxe á poboación de Ribadavia en xeral, e en especial aos mozos e as mulleres que teñen que tomar a substitución. "Hai que cambiar o estado das cousas. Deixar de vivir illados do resto do mundo e abrirnos ao mundo", afirma Rodríguez.
Nesta nova etapa da súa vida, Rodríguez está acompañado na promoción de Terra Galega polo tamén avogado Antonio Domínguez Lorenzo e José Pousada, quen fose durante moitos anos gerente da Cooperativa do Ribeiro. Pousada é actualmente integrante da Dirección Nacional de Terra Galega.
13 de febrero de 2007
Terra Galega presentouse en Ribadavia
Etiquetas:
Camilo Rodríguez,
lanzamento,
Ribadavia,
Xosé Luis Vilas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario