Co fin de dar a coñecer as súas siglas e os seus obxectivos á cidadanía, o partido Terra Galega despregará a partir desta semana unha campaña masiva de máis de cen vallas en todo o territorio nacional destinado a trasladar á cidadanía o seu slogan: “Hai máis Galicia”.
O Presidente de Terra Galega, Pablo Padín, estivo acompañado polo responsable da Zona de Ordes e tamén integrante da Dirección Nacional de Terra Galega, Roberto González e polo responsable da zona de Santiago e integrante da Dirección Nacional, Antonio Villar, que deron a coñecer os seus enunciados aos medios resaltando a proposta do novo partido:
-Hai máis que os partidos representados hoxe no Parlamento de Galicia, somos unha tendencia moderna, emprendedora e solidaria. Somos un partido nacionalista de centro. Terra Galega é un partido municipalista, un partido volcado cos concellos, que quere poñer por riba de todo as características e as individualidades dos municipios, de xeito que cada concello teña autonomía para desenvolver o seu proxecto de cidade.
Os dirixentes da organización consideran que ata agora Galicia sofre as decisións provenientes de Madrid dos partidos gobernantes PP ou PSOE, ou as políticas extremistas e radicais do Bloque Nacionalista Galego. “Queremos rachar coa situación actual, na que os concellos e as cidades dependen das deputacións, da Xunta ou do Goberno central, coas correas de transmisión que son os partidos políticos de tipo centralista, que pensan primeiro de arriba para abaixo, e non coma nós que poñemos en primeira orde as necesidades das vilas e dos concellos”.
Terra Galega amósase como un partido con capacidade de decisión, ó manter unha política independente: “Podemos facer que o cidadán decida co seu voto o que mais convén, somos os únicos capaces de gobernar e deixar gobernar.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario