14 de febrero de 2007

La política de Terra Galega en Ribadavia


O Vice Coordinador Xeral de Terra Galega, José Luis Vilas, deu os liñamentos ideolóxicos e programáticos do partido, no que se inserta o proxecto de progreso para Ribadavia.



O gran promotor de Terra Galega en Ribadavia é o abogado Camilo Rodríguez quen esbozou un proxecto de progreso para a vila.



Na súa condición de candidato por Ourense, José Luis Valcárcel respaldou o novo lanzamento da provincia.


José Posada fixo a presentación da opción política para esa cidade.

13 de febrero de 2007

Terra Galega presentouse en Ribadavia

O Vice Coordinador de Terra Galega, Xosé Luís Vilas presentou a Camilo Rodríguez, como líder de Terra Galega en Ribadavia nun acto político festivos celebrado o pasado mes de novembro. No acto tamén apoiaron o Candidato do partido por Ourense, José Luís Valcarcel, así como José Pousada e Antonio Domínguez Lorenzo, do Comité Executivo de TG.


José Luis Valcarcel, José Posada, Xosé Luis Vilas y Camilo Rodríguez.

Os promotores de Terra Galega presentaron á novel organización política galega na vila, divulgaron os aspectos máis relevantes dos estatutos e principios políticos e fixeron unha exposición sobre o estado actual da comarca do Ribeiro, centrando a análise particularmente en Ribadavia..

O avogado Camilo Rodríguez, promotor de Terra Galega nesta localidade, entende ao concello "como unha empresa pública encargada de administrar os recursos da vila" e asume que a función política consiste en "executar proxectos e traballar para atopar o maior benestar posible".

En opinión de Camilo Rodíguez, os tres principais problemas de Rivadavia serían:

1. O fracaso actual do parque empresarial, mal dirixido e incapaz de aportar a cantidade de postos de traballo que necesita a comarca.

2. A administración da xudería. Hai que modificar as normas vigentes que a administran. "A xudería son 300 casas en ruínas -di Rodríguez-. Tal como están as cousas en Ribadavia, quen compra unha casa compra un preito, por unha protección absurda que converteu a cidade nun cemiterio. A xudería podería converterse nun Conxunto Histórico Monumental similar a Toledo, que conta cun barrio xudeu único e que modernizou a lexislación práctica".

3. Repoboar a vila porque perde habitantes ano tras ano. O feísmo na arquitectura naceu en Ribadavia e na praza maior, con desniveles entre os edificios, non hai fonte nin luminarias, nin homenaxe aos seus personaxes históricos.


Para Rodríguez a participación da muller é clave para a recuperación e relanzamento de Ribadavia. "No faladoiro do Club Artístico atópome con mulleres novas que me din que a vila está morta. Dicímoslles que non se rendan, que participen, que promovan proxectos, que loiten pola vila. A muller galega sempre se esforzou moito no traballo, nos labores de casa, pero apenas participa na vida política. En Terra Galega cremos que chegou o momento de que as mulleres de Ribadavia e as de Galicia en xeral entren en acción para reoxigenar a vida política galega".

Camilo Rodríguez dirixe a súa mensaxe á poboación de Ribadavia en xeral, e en especial aos mozos e as mulleres que teñen que tomar a substitución. "Hai que cambiar o estado das cousas. Deixar de vivir illados do resto do mundo e abrirnos ao mundo", afirma Rodríguez.

Nesta nova etapa da súa vida, Rodríguez está acompañado na promoción de Terra Galega polo tamén avogado Antonio Domínguez Lorenzo e José Pousada, quen fose durante moitos anos gerente da Cooperativa do Ribeiro. Pousada é actualmente integrante da Dirección Nacional de Terra Galega.

MANIFESTO MUNICIPALISTA

Ante a situación actual dos concellos de Galicia, que sufre o envellecemento progresivo da súa poboación, continúa a padecer a lacra da emigración dos xoves e, como consecuencia diso, unha diminución poboacional, de servizos, e de atractivo social e económico que se reflicte na nosa cada vez maior diverxencia cos obxectivos de benestar de España e Europa é necesario que os concellos recuperen o protagonismo da acción política, deixen de ser suxeitos pasivos das decisións doutras administracións e promovan por si propios políticas de desenvolvemento acaídas ao seu contorno.

Terra Galega reclama unha forma distinta de facer política, de facer país, unha nova actitude municipal: que os concellos promovan un cambio nas estructuras políticas para abandonar a dependencia económica e, polo tanto, política, á que está sometidos desde tempo inmemorial. O sistema actual abonou, en moitos casos, o caciquismo, o clientelismo político e o raquitismo da acción municipal.

A Xunta de Galicia, instrumento imprescindible do autogoberno, debe asumir a necesidade de diálogo cos máis próximos representantes dos galegos e galegas, recoller as súas inquedanzas e aplicalas á confección dos seus programas de actuación e dos presupostos. A descentralización da toma de decisións políticas e económicas, a participación dos concellos na planificación do futuro de Galicia e a coordinación entre distintas administracións públicas nos permitirá construír unha democracia participativa na que todos nos sintamos corresponsábeis do noso futuro.

As Deputacións –sen máis proxecto económico para a provincia que o reparto de subvencións, sen interese en estudar xunto cós concellos as súas necesidades ou prioridades e obstinadas en situarse por riba dos concellos e non ao seu lado- impiden o desenvolvemento racional dos municipios ao detraer aos concellos e ás comarcas, a forma de organización administrativa natural de Galicia, importantes recursos para a posta en funcionamento de programas necesarios e urxentes.

Queremos concellos que recuperen a súa dignidade e sexan protagonistas da vida política da comunidade, que esixan os seus dereitos e elixan ser responsables da súa acción política e da súa xestión económica, e que reciban para a súa planificación os recursos que necesitan segundo a súa poboación, o seu territorio e o esforzo fiscal dos seus habitantes.

Non queremos tutelas paternalistas nos concellos, senón participación na xestión dos recursos e na planificación do futuro do noso país. Polo tanto propoñemos:


OS CONCELLOS, MOTORES DA GALICIA MODERNA E EMPRENDEDORA

1. Calidade de Vida: O Concello é o centro da vida cidadá e, polo tanto, eixo da acción política na nosa terra e instrumento fundamental do benestar do país. O concello non só é unha administración pública legalmente obrigada a prestar servizos mínimos, senón que pode converterse nun ente que dea axeitada resposta ás necesidades e aspiracións dos cidadáns, na procura da mellora da súa calidade de vida.

2. Xeración de recursos: O concello, como empresa pública de carácter social que é, debe analizar as fortalezas e as debilidades do seu contorno, potenciando aquelas e diminuíndo estas, e desenvolvendo políticas de xeración de recursos, creación de emprego e desenrolo social e económico.


3. Apoio aos emprendedores: O concello implicará nestes programas de desenvolvemento ás entidades e axentes socioeconómicos do municipio, fomentando a participación cidadá e involucrando de xeito especial a empresarios e emprendedores como verdadeiros motores da riqueza.

4. Autonomía Municipal: O concello haberá de coordinar as súas políticas activas, en plano de igualdade, coas demais esferas da administración pública, para contribuír á descentralización administrativa, obter maior participación municipal nos tributos recadados e promover a súa autonomía financeira sen descoidar o obxectivo do equilibrio territorial.

5. Comarcalización: O concello non é unha entidade illada. Deberá potenciar a súa participación nas comarcas, áreas metropolitanas e agrupacións de municipios para a toma de decisións que impliquen aproveitar as súas potencialidades, minimizar os custes de prestación de servizos comúns, favorecer a ordenación racional do territorio, protexer o medioambiente e asegurar políticas públicas de calidade.

6. Crecemento ordenado: O concello potenciará o desenvolvemento sostible do municipio e deseñará proxectos a corto, medio e longo prazo co fin de asentar a poboación e alcanzar un crecemento racional dos usos residenciais, industriais, comerciais, de ocio e servizos, dentro do marco do plan xeral de ordenación municipal e a ética política.


7. Defensa do medio: O concello haberá de manter e fomentar o equilibrio físico entre as zonas urbanas e as rurais do municipio coa programación de políticas específicas de respecto e promoción da paisaxe, o medio ambiente e o desenvolvemento urbano, turístico e agrícola.

8. Servizos as persoas: O concello destinará boa parte dos recursos xerados a implantar programas de servizo á comunidade co obxectivo básico da formación integral da persoa e prestando especial atención á cultura, ao deporte e ao tempo de ocio.

9. Equilibrio social: O concello dedicará especiais esforzos a consecución dunha sociedade equilibrada, minimizando as diferenzas sociais e favorecendo accións de promoción e atención á infancia e aos maiores, de acceso á vivenda, de asesoramento familiar, da igualdade entre homes e mulleres e de atención especial aos colectivos da poboación máis desfavorecidos.

10. Liberdade e solidariedade: O concello deseñará e poñerá en práctica políticas de defensa das liberdades cidadáns individuais e colectivas e dos dereitos humanos, e promoverá a solidariedade cos colectivos dos territorios subdesenvolvidos coa mira posta no obxectivo supranacional de “pobreza cero”.

“Hai máis Galicia que a representada no Parlamento”



Co fin de dar a coñecer as súas siglas e os seus obxectivos á cidadanía, o partido Terra Galega despregará a partir desta semana unha campaña masiva de máis de cen vallas en todo o territorio nacional destinado a trasladar á cidadanía o seu slogan: “Hai máis Galicia”.

O Presidente de Terra Galega, Pablo Padín, estivo acompañado polo responsable da Zona de Ordes e tamén integrante da Dirección Nacional de Terra Galega, Roberto González e polo responsable da zona de Santiago e integrante da Dirección Nacional, Antonio Villar, que deron a coñecer os seus enunciados aos medios resaltando a proposta do novo partido:

-Hai máis que os partidos representados hoxe no Parlamento de Galicia, somos unha tendencia moderna, emprendedora e solidaria. Somos un partido nacionalista de centro. Terra Galega é un partido municipalista, un partido volcado cos concellos, que quere poñer por riba de todo as características e as individualidades dos municipios, de xeito que cada concello teña autonomía para desenvolver o seu proxecto de cidade.



Os dirixentes da organización consideran que ata agora Galicia sofre as decisións provenientes de Madrid dos partidos gobernantes PP ou PSOE, ou as políticas extremistas e radicais do Bloque Nacionalista Galego. “Queremos rachar coa situación actual, na que os concellos e as cidades dependen das deputacións, da Xunta ou do Goberno central, coas correas de transmisión que son os partidos políticos de tipo centralista, que pensan primeiro de arriba para abaixo, e non coma nós que poñemos en primeira orde as necesidades das vilas e dos concellos”.

Terra Galega amósase como un partido con capacidade de decisión, ó manter unha política independente: “Podemos facer que o cidadán decida co seu voto o que mais convén, somos os únicos capaces de gobernar e deixar gobernar.”

Terra Galega apoia ao CDI de Muros ante as Municipais




"O Concello de Muros está ó borde da creba", di Xabier Tajes, do CDI de Muros. O respaldo total de Terra Galega á opción do Centro Democrático Independente de Muros nas próximas eleccións locais, quedou de manifesto este mércores no encontro que sostiveron os membros do Consello Político do partido cos cinco representantes do CDI nese concello. Pablo Padín Presidente e Xoan Gato, Coordinador Xeral de Terra Galega estiveron en Muros para continuar perfilando o seu programa para ese concello coruñés.

Xabier Tajes Sendón, cabeza de lista do grupo municipal do CDI de Muros, resaltou na súa intervención a necesidade dun cambio fundamental no concello, tomando en conta os graves problemas que padece, entre os que destacou "o endeudamiento do 91% dos recursos popios do concello, o que lle sitúa a 19 puntos de créba, a situación é tal que o Tesoso Público non está en condicións de autorizar novas liñas de crédito, ao non contar o concello co preceptivo nivel de aforro necesario e debido a que non existe un plan de saneamiento das finanzas que marca a Lei".

Esta situación levou ao organismo a empezar a comprometer pagos de gastos actuais co orzamento do 2007. A esta situación súmase a despoboación crecente de Muros, particularmente da súa poboación nova o que levou á cidade na actualidade a non superar os 9 mil habitantes. Destaca por outra banda que tendo a cidade as mellores praias de Galicia, a súa falta de infraestructuras careza do necesario porto deportivo e das infraestructuras de praias que favorezan o desenvolvemento do potencial turístico da cidade.

Respecto de as estradas que se están mellorando na dirección Santa Comba-Coruña sinala Tajes que chegan con atraso, pois deberon facerse nos anos 80. ?A Xunta tomounos o pelo, respecto de cidades como Ribeira e Boiro imos con atraso?, dixo Xabier Tajes.

As propostas de Terra Galega-CDI para Muros poden resumirse así en varios puntos:
-Explotación do turismo de calidade, para o que Muros ten condicións todo o ano a través do Porto Deportivo e acondicionamiento de praias.
-Reforma da administración a través da firma dun convenio de traballo que impida a continua xeración de preitos cos funcionarios: “Non se entende que unha coalición aparentemente progresista PSOE-BNG non asine este acordo cos seus traballadores”.
-Atraer cara a Muros máis empresarios e os seus investimentos.
-Desenvolvemento dun Plan Xeral de Ordenación Municipal, sen consentir vulneraciones ao patrimonio natural ou edificado. “Debemos permitir que os terreos atopen o seu valor e que se poida construír, que se saiba o que se pode facer cos terreos”.
-Recolocación do Polígono Industrial en plans, ao estarse situando nun lugar de difícil acceso.
Finalmente Tajes afirmou: “Os políticos teñen que ter unha responsabilidade e responder co seu patrimonio, pois coa súa xestión están comprometendo o desenvolvemento do pobo”.

Terra Galega presentou a súa candidatura por Ourense

No acto de presentación do candidato á Alcaldía de Ourense por Terra Galega, José Luis Valcárcel, o Presidente do partido político expuso os conceptos fundamentais da formación política.

Intervención do Presidente de Terra Galega, Pablo Padín




Terra Galega é un partido municipalista, un partido volcado cos concellos, un partido que quere poñer por riba de todo as características e as individualidades dos municipios, de xeito que cada concello teña autonomía para desenvolver o seu proxecto de cidade. Queremos rachar coa situación actual, na que os concellos e as cidades dependen das diputacións, da Xunta ou do Goberno central coas correas de transmisión que son os partidos políticos de tipo centralista, que pensan primeiro de arriba para abaixo, e non coma nós que poñemos en primeira orde as necesites das vilas e dos concellos.

Terra Galega quere afrontar claramente a ordenación territorial de Galicia, quere afrontar clramente o que é a potenciación dos emprendedores, a potenciación da empresas, e polo tanto, a creación de emprego. Nos non pedimos subvencións, nin pedimos axudas, senón únicamente o que merecemos e o que decidamos desenvolver nós mesmos.

Poñemos como exemplo o desenvolvemento do Concello de Narón, que co seu polígono industrial é un exemplo para toda Galicia. Narón é gobernado coas ideas que defende Terra Galega. Narón está á cabeza do desenvolvemento industrial e, como siga así, vai ser o primeiro polígono e o primeiro concello industrial de este país.

Os galegos estamos cansos de chorar. Chegou a hora de empezar a construir o futuro de Galicia. Estamos xa implantados en toda Galicia. Hoxe somos a cuarta forza política en representación nos concellos.

Decimos con toda claridade que o proxecto de Terra Galega está integrado en España e ao mesmo tempo proclamamos que a prioridade nosa é o desenvolvemento de Galicia.

Intervención del candidato a la Alcaldía de Ourense, José Luis Valcárcel



Me siento plenamente identificado con Terra Galega porque creo que Terra Galega va a apostar fuerte por Ourense y por Galicia.

Los ourensanos quieren un cambio. Ourense ha padecido la calamidad de las mayorías absolutas, las que sólo han hecho que la ciudad de Ourense vaya quedando en el olvido y el atraso.Ourense necesita industrializarse, puestos de trabajo y necesita tener su propio polígono. Tenemos más de un millón de metros cuadrados sin desarrollar.

El mayor desastre de Ourense es la emigración de la juventud. Necesitamos que la juventud no emigre. Y para ello hay que crear puestos de trabajo. Esa será nuestra primera prioridad desde el concello. Necesitamos una entrada del AVE soterrada, para que la ciudad no quede dividida. Ya tenemo una división natural que es río Miño. No nos hace falta otra.

Ourense no puede seguir siendo una ciudad cuyos políticos locales piden limosnas a la Xunta y al Estado. Ourense necesita políticos que sólo reciban órdenes de sus ciudadanos. Las decisiones sobre el desarrollo, el urbanismo, la potenciación de nuestra universidad y el futuro industrial de Ourense debemos tomarlas los orensanos.

Xoan Gato, Alcalde de Narón e Coordinador Xeral de Terra Galega


Venimos falando fai anos da necesidade de que Galiza aparecese unha cuarta via que collería a un amplo espectro sociolóxico que creemos que non estaba representado na vida política da nos aterra.
En calquera estadística que se colla no plano sociolóxico e económico, Galicia desgraciadamente ocupa os últimos espacios do Estado español se falamos de proxección económica. A Galicia lle costa moito, e lle está costando integrarse dentro do desarrollo do noso Estado y están ahí las estadísticas que poden falar delo. En temas de infraestructuras aeroportuarias, ferrocarril, de estradas o de autopistas tamén de comunicación, hoxe hai que tratar temas moito mais complexos para chegar coa informática e coa rede a tódolos lugares da nosa comunidade e nos somos un grupo que entendemos que as cousas se poden cambiar.
Eu truxen uns recortes de periódico, saleu así de casualidade, que era un dos días que en algún concello que da nosa terra farían día de festa. Dice se abre nun polígono industrial unha nova empresa de grupo multinacional que ven dando 150 empregos. Onte estivemos inaugurándolo e dentro de un mes, cunha inversión de 30 millóns de euros unha empresa importantísima adicada á madeira e cunha inversión de uns 40 millóns de euros e 250 empregos directos;, e dentro de outro mes ven outra empresa de elaboración de cemento ligada ao Banco Zaragozano pero con maís de 150 empregos directos.
Venimos dun concello que pasa de 25 mil habitantes a 36 mil no prazo de 9 anos e cuya pirámide de poboación e a tipica en Galicia, nosa pirámide de poboación ten un crecimiento extrordinario, tanto é así que este ano vamos coa cuarta guardería y el crecimiento fue o que se chama de reposición de poboación. E os habitantes que teñen de 0 a 15 anos son un dos abanicos máis importante que temos agora.
Vemos por riba de intereses politicos e partidarios, miramos polo concello, e pola comarca, como unidad de actuación especial, cando falamos en calquer territorio da nosa terra e o concello é o seu xerme fundamental, ten sempre o seu favor unhas fortalezas para tirar para diante (tos forte ) e unhas debilidades que corregir
Nin estamos condenados a ser un pais que envelece e que se desfoga lentamente do campo e inclusive cos seus universitarios, moitas veces desgraciadamente salen para emigrar tendo que recorrer a médicos e moitas mais carreras que ven de fora.
As eleccións municipais do ano que ven teñen que servir para que noso partido Terra Galega se consolide como a cuarta forza política de Galicia e empecemos un traballo de cara as elección autonómicos que estárán en dous anos e digamos a moitos empresarios, a moitos emprendedores que están arriscando porque
porque non pode haber emprego se non vamos da man dos empresarios: facilitar chan industrial, infraestructuras, poner ó servicio o concello a crear riqueza.
Queremos decirlles aos ourensáns que hai outro tipo mais de xestión si desde os concellos se abren os ollos se busca o apoio da empresa privada que é fundamenal. Ilusionar os emprendedores e desde ahí se fai un equipo para multiplicar recursos. Galicia non estaba normalizada, nos faltaba algo especial del menú, tíñamos partidos de centro o de centro dereita de centro o de centroesquerda pendientes do teléfono de Madrid. E despois temos outro conglomerado que non pode representar ao galeguismo o ao nacionalismo galego, perdónenme que me meta.
Que haia opcións de dereita de centro, as que queiran pero que haia opció netamente galeguistas e desde o concello empezaremos a estalar porque xa están ahí exemplos reais, que aparezan outras luces entre aquelas alcaldías o aqueles equipos que moitas veces priman intereses supramunicipais ao servicio de outras ideas políticas e non o servicio dos cidadáns.