Mostrando entradas con la etiqueta Terra Galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Terra Galega. Mostrar todas las entradas

13 de febrero de 2007

MANIFESTO MUNICIPALISTA

Ante a situación actual dos concellos de Galicia, que sufre o envellecemento progresivo da súa poboación, continúa a padecer a lacra da emigración dos xoves e, como consecuencia diso, unha diminución poboacional, de servizos, e de atractivo social e económico que se reflicte na nosa cada vez maior diverxencia cos obxectivos de benestar de España e Europa é necesario que os concellos recuperen o protagonismo da acción política, deixen de ser suxeitos pasivos das decisións doutras administracións e promovan por si propios políticas de desenvolvemento acaídas ao seu contorno.

Terra Galega reclama unha forma distinta de facer política, de facer país, unha nova actitude municipal: que os concellos promovan un cambio nas estructuras políticas para abandonar a dependencia económica e, polo tanto, política, á que está sometidos desde tempo inmemorial. O sistema actual abonou, en moitos casos, o caciquismo, o clientelismo político e o raquitismo da acción municipal.

A Xunta de Galicia, instrumento imprescindible do autogoberno, debe asumir a necesidade de diálogo cos máis próximos representantes dos galegos e galegas, recoller as súas inquedanzas e aplicalas á confección dos seus programas de actuación e dos presupostos. A descentralización da toma de decisións políticas e económicas, a participación dos concellos na planificación do futuro de Galicia e a coordinación entre distintas administracións públicas nos permitirá construír unha democracia participativa na que todos nos sintamos corresponsábeis do noso futuro.

As Deputacións –sen máis proxecto económico para a provincia que o reparto de subvencións, sen interese en estudar xunto cós concellos as súas necesidades ou prioridades e obstinadas en situarse por riba dos concellos e non ao seu lado- impiden o desenvolvemento racional dos municipios ao detraer aos concellos e ás comarcas, a forma de organización administrativa natural de Galicia, importantes recursos para a posta en funcionamento de programas necesarios e urxentes.

Queremos concellos que recuperen a súa dignidade e sexan protagonistas da vida política da comunidade, que esixan os seus dereitos e elixan ser responsables da súa acción política e da súa xestión económica, e que reciban para a súa planificación os recursos que necesitan segundo a súa poboación, o seu territorio e o esforzo fiscal dos seus habitantes.

Non queremos tutelas paternalistas nos concellos, senón participación na xestión dos recursos e na planificación do futuro do noso país. Polo tanto propoñemos:


OS CONCELLOS, MOTORES DA GALICIA MODERNA E EMPRENDEDORA

1. Calidade de Vida: O Concello é o centro da vida cidadá e, polo tanto, eixo da acción política na nosa terra e instrumento fundamental do benestar do país. O concello non só é unha administración pública legalmente obrigada a prestar servizos mínimos, senón que pode converterse nun ente que dea axeitada resposta ás necesidades e aspiracións dos cidadáns, na procura da mellora da súa calidade de vida.

2. Xeración de recursos: O concello, como empresa pública de carácter social que é, debe analizar as fortalezas e as debilidades do seu contorno, potenciando aquelas e diminuíndo estas, e desenvolvendo políticas de xeración de recursos, creación de emprego e desenrolo social e económico.


3. Apoio aos emprendedores: O concello implicará nestes programas de desenvolvemento ás entidades e axentes socioeconómicos do municipio, fomentando a participación cidadá e involucrando de xeito especial a empresarios e emprendedores como verdadeiros motores da riqueza.

4. Autonomía Municipal: O concello haberá de coordinar as súas políticas activas, en plano de igualdade, coas demais esferas da administración pública, para contribuír á descentralización administrativa, obter maior participación municipal nos tributos recadados e promover a súa autonomía financeira sen descoidar o obxectivo do equilibrio territorial.

5. Comarcalización: O concello non é unha entidade illada. Deberá potenciar a súa participación nas comarcas, áreas metropolitanas e agrupacións de municipios para a toma de decisións que impliquen aproveitar as súas potencialidades, minimizar os custes de prestación de servizos comúns, favorecer a ordenación racional do territorio, protexer o medioambiente e asegurar políticas públicas de calidade.

6. Crecemento ordenado: O concello potenciará o desenvolvemento sostible do municipio e deseñará proxectos a corto, medio e longo prazo co fin de asentar a poboación e alcanzar un crecemento racional dos usos residenciais, industriais, comerciais, de ocio e servizos, dentro do marco do plan xeral de ordenación municipal e a ética política.


7. Defensa do medio: O concello haberá de manter e fomentar o equilibrio físico entre as zonas urbanas e as rurais do municipio coa programación de políticas específicas de respecto e promoción da paisaxe, o medio ambiente e o desenvolvemento urbano, turístico e agrícola.

8. Servizos as persoas: O concello destinará boa parte dos recursos xerados a implantar programas de servizo á comunidade co obxectivo básico da formación integral da persoa e prestando especial atención á cultura, ao deporte e ao tempo de ocio.

9. Equilibrio social: O concello dedicará especiais esforzos a consecución dunha sociedade equilibrada, minimizando as diferenzas sociais e favorecendo accións de promoción e atención á infancia e aos maiores, de acceso á vivenda, de asesoramento familiar, da igualdade entre homes e mulleres e de atención especial aos colectivos da poboación máis desfavorecidos.

10. Liberdade e solidariedade: O concello deseñará e poñerá en práctica políticas de defensa das liberdades cidadáns individuais e colectivas e dos dereitos humanos, e promoverá a solidariedade cos colectivos dos territorios subdesenvolvidos coa mira posta no obxectivo supranacional de “pobreza cero”.

“Hai máis Galicia que a representada no Parlamento”



Co fin de dar a coñecer as súas siglas e os seus obxectivos á cidadanía, o partido Terra Galega despregará a partir desta semana unha campaña masiva de máis de cen vallas en todo o territorio nacional destinado a trasladar á cidadanía o seu slogan: “Hai máis Galicia”.

O Presidente de Terra Galega, Pablo Padín, estivo acompañado polo responsable da Zona de Ordes e tamén integrante da Dirección Nacional de Terra Galega, Roberto González e polo responsable da zona de Santiago e integrante da Dirección Nacional, Antonio Villar, que deron a coñecer os seus enunciados aos medios resaltando a proposta do novo partido:

-Hai máis que os partidos representados hoxe no Parlamento de Galicia, somos unha tendencia moderna, emprendedora e solidaria. Somos un partido nacionalista de centro. Terra Galega é un partido municipalista, un partido volcado cos concellos, que quere poñer por riba de todo as características e as individualidades dos municipios, de xeito que cada concello teña autonomía para desenvolver o seu proxecto de cidade.



Os dirixentes da organización consideran que ata agora Galicia sofre as decisións provenientes de Madrid dos partidos gobernantes PP ou PSOE, ou as políticas extremistas e radicais do Bloque Nacionalista Galego. “Queremos rachar coa situación actual, na que os concellos e as cidades dependen das deputacións, da Xunta ou do Goberno central, coas correas de transmisión que son os partidos políticos de tipo centralista, que pensan primeiro de arriba para abaixo, e non coma nós que poñemos en primeira orde as necesidades das vilas e dos concellos”.

Terra Galega amósase como un partido con capacidade de decisión, ó manter unha política independente: “Podemos facer que o cidadán decida co seu voto o que mais convén, somos os únicos capaces de gobernar e deixar gobernar.”

Terra Galega apoia ao CDI de Muros ante as Municipais




"O Concello de Muros está ó borde da creba", di Xabier Tajes, do CDI de Muros. O respaldo total de Terra Galega á opción do Centro Democrático Independente de Muros nas próximas eleccións locais, quedou de manifesto este mércores no encontro que sostiveron os membros do Consello Político do partido cos cinco representantes do CDI nese concello. Pablo Padín Presidente e Xoan Gato, Coordinador Xeral de Terra Galega estiveron en Muros para continuar perfilando o seu programa para ese concello coruñés.

Xabier Tajes Sendón, cabeza de lista do grupo municipal do CDI de Muros, resaltou na súa intervención a necesidade dun cambio fundamental no concello, tomando en conta os graves problemas que padece, entre os que destacou "o endeudamiento do 91% dos recursos popios do concello, o que lle sitúa a 19 puntos de créba, a situación é tal que o Tesoso Público non está en condicións de autorizar novas liñas de crédito, ao non contar o concello co preceptivo nivel de aforro necesario e debido a que non existe un plan de saneamiento das finanzas que marca a Lei".

Esta situación levou ao organismo a empezar a comprometer pagos de gastos actuais co orzamento do 2007. A esta situación súmase a despoboación crecente de Muros, particularmente da súa poboación nova o que levou á cidade na actualidade a non superar os 9 mil habitantes. Destaca por outra banda que tendo a cidade as mellores praias de Galicia, a súa falta de infraestructuras careza do necesario porto deportivo e das infraestructuras de praias que favorezan o desenvolvemento do potencial turístico da cidade.

Respecto de as estradas que se están mellorando na dirección Santa Comba-Coruña sinala Tajes que chegan con atraso, pois deberon facerse nos anos 80. ?A Xunta tomounos o pelo, respecto de cidades como Ribeira e Boiro imos con atraso?, dixo Xabier Tajes.

As propostas de Terra Galega-CDI para Muros poden resumirse así en varios puntos:
-Explotación do turismo de calidade, para o que Muros ten condicións todo o ano a través do Porto Deportivo e acondicionamiento de praias.
-Reforma da administración a través da firma dun convenio de traballo que impida a continua xeración de preitos cos funcionarios: “Non se entende que unha coalición aparentemente progresista PSOE-BNG non asine este acordo cos seus traballadores”.
-Atraer cara a Muros máis empresarios e os seus investimentos.
-Desenvolvemento dun Plan Xeral de Ordenación Municipal, sen consentir vulneraciones ao patrimonio natural ou edificado. “Debemos permitir que os terreos atopen o seu valor e que se poida construír, que se saiba o que se pode facer cos terreos”.
-Recolocación do Polígono Industrial en plans, ao estarse situando nun lugar de difícil acceso.
Finalmente Tajes afirmou: “Os políticos teñen que ter unha responsabilidade e responder co seu patrimonio, pois coa súa xestión están comprometendo o desenvolvemento do pobo”.